" A Noite da Moura "



"A Noite da Moura"

A lenda afirma que : "ás once e media da noite, dun día do mes de Xuño, unha moura encantada, danzaba na eira do Castro do Coruxón, provocando ca súa danza que, as cahalletas dunha cabra, adquirisen o valor do seu peso en ouro, agasallando, deste xeito, fartura. Os habitantes agradecíanllo aos deuses, tocando gaitas e tambores de pel de carneiro; comendo carne de porco, bebendo viño e augardente con mel baixo o orballo, ata o raiar do novo dia, para ver bailar o sol, cunha cunca de caldo na man".


Confiando en que a lenda se cumpra de novo, nós, os seus descendentes, o vindeiro 19 de Xuño, en Rebordechán ( Crecente, Pontevedra ), alí, na Eira do Castro ( actualmente Capela de San Sebastián ), reunirémonos, estando seguros de que danzará a moura; de que, ás 00:00 da noite aparecerá a cabra, e obsequiará cas súas caghalletas de valor do ouro, aos donos das leiras onde estas caian. E celebrarémolo como no pasado, comendo carne de porco ( de Balde ), bebendo augardente con mel e viño , ao son de gaitas e tambores ( SERÁN ), baixo o oraballo da noite agardando ver danzar o sol no raiar do novo dia, cunha cunca de caldo na man .
A Moura